Sobre nós

Que é o Observatorio Tiamat

O Observatorio Mariño do Cambio Global na Rede de Parques Nacionais (Observatorio TIAMAT) analiza os impactos do cambio global nos sistemas mariños da Rede de Parques Nacionais e desenvolve ferramentas de seguimento e aviso de eventos oceánicos extremos utilizando datos de satélite dispoñible desde 1982.

TIAMAT incorpora a teledetección na investigación, análise e avaliación permanente dos sistemas mariños dos Parques Nacionais. O obxectivo final é posibilitar a creación dun Observatorio Mariño contra o cambio climático no Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Archipiélago de Cabrera, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e a zona da fronte marítima do Parque Nacional de Doñana. 

Monitoriza continuamente os sistemas mariños  naturais da Rede de Parques Nacionais para obter datos sobre a temperatura, a clorofila, o nivel do mar e outras variables oceánicas esenciais.

Acceso aberto

TIAMAT ofrece as súas ferramentas de acceso aberto para apoiar a xestión sostible, conservación e preservación da biodiversidade, os ecosistemas e o medio socioeconómico dos Parques Nacionais con sistemas mariños naturais.

Sabías que

… Tiamat é unha deusa primordial do mar de orixe sumeria e babilónica, un mito feminino da creación e da loita entre a orde creativa e o caos. No Observatorio TIAMAT, a orde de análise de datos loita contra o caos do cambio global.

… O cambio global nos sistemas mariños naturais dos Parques Nacionais é o conxunto de alteracións producidas directa ou indirectamente pola actividade humana e que afectan tanto ao funcionamento dos ecosistemas mariños, como a súa biodiversidade, condicións climáticas ou socioeconómicas.

Organización

O Observatorio TIAMAT é un proxecto coordinado polo Instituto Andaluz de Ciencias del Mar (ICMAN), o Sistema de Observación y Predicción Costero de las Illes Balears (ICTS SOCIB) e o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM).

Panel de consulta

As necesidades e funcionalidades do Observatorio TIAMAT defínense baixo un enfoque participativo no marco dun Panel de Consulta, no que participan axentes e colectivos que aportan as súas percepcións, inquedanzas e posibles solucións.

Proxecto 2715/2021 (Observatorio TIAMAT) financiado polo Organismo Autónomo Parques Nacionales del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.